XXIII ENCONTRO DE BANDAS DE GOIÁN

Descrición

Imaxes do XXIII ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA DE GOIÁN celebrado na Fortaleza o 27 de Xullo de 2018.

A primeira en actuar foi a Banda de Música de Catoira dirixida polo mestre Carlos Filgueira. A continuación participou a banda valenciana Societat Musical “La Primitiva” de Rafelbunyol, dirixida por Àngel Escutia Martínez. Finalmente, pechamos o acto a Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.

Este evento organizado pola Agrupación Musical de Goián, contou coa colaboración do Concello de Tomiño e a Deputación Pontevedra.

Categoría
Fotos
X