Banda

A Nosa Historia

A nosa orixe remóntase ao ano 1994 cando comeza a impartirse solfexo no colexio de Goián como actividade extraescolar. Tralo seu éxito, dous anos máis tarde mércanse os primeiros instrumentos.

Xa en 1998 presentábase oficialmente na Praza da Igrexa a Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez e  presidida por Aurelio Álvarez. Acompañáronnos como madriñas a Agrupación Musical do Rosal e a Banda de Música Xuvenil de Chapela.

Xa dende os primeiros anos temos vivido grandes experiencias, entre eles dous intercambios musicais cunha banda valenciana e outra madrileña e participamos en festivais internacionais nas cidades portuguesas de Tomar e Aveiro.

Ao longo da nosa historia temos actuado en actos culturais e festas populares por toda a xeografía galega, Portugal, Madrid e Valencia. Tamén participamos dúas veces no programa “Galicia enteira” da TVG e en varios certames de bandas de música a nivel galego, provincial e zonal nos que conseguimos varios premios.

Ademais, gravamos dous CDs, o segundo titulado “Fortaleza”, nome da súa primeira peza que foi composta polo compañeiro goianés Andrés Álvarez.

Por outra parte, organizamos cursos e concertos con grandes profesionais, con corais  e acompañando a voces solistas como Silvia Ferre ou as artistas locais  Angelina Álvarez e Davinia Álvarez.

Dende o ano 2015 faise cargo da agrupación o actual director Pedro Villarroel González. Con este mestre participamos no 12º Encontro Ibérico de Bandas de Música celebrado en Aveiro (Portugal). Entre outros concertos, podemos destacar “Vaia Banda” realizado co grupo de percusión ODAIKO e “Unha noite de amor con Lela” con voz solista e narradora xunto a Silvia Ferre, Belén Xestal e Alfredo Susavila.

Actualmente, na Agrupación Musical de Goián contamos cunha escola de música formada por 14 profesores e 160 alumnos, así como un coro, banda infantil e banda xuvenil.

1994
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2009
2010
2011
2012
2013
2015
2016
Primeiras clases de solfexo no colexio de Goián

Compra dos primeiros instrumentos
Constitución da Asociación Sociocultural de Goián
1º Encontro de Bandas de Goián
1º Concerto da Banda

Curso de metais: “LUUR METALLS” e FRED MILLS
PRESENTACIÓN DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN
Curso de Clarinete: ANGELINES GALÁN
Intercambio coa Banda de Foios (Valencia)
3º Festival Internacional de Tomar (Portugal)
Curso de saxofón: J. L. Represas Carrera
I Certame provincial de bandas de música, sección 2º
II Certame provincial de bandas de música, sección 2º
Publicación do 1º CD
III Certame provincial de bandas de música, sección 2º:
2º PREMIO
IV Certame provincial de bandas de música, sección 2º:
1º PREMIO E MENCIÓN DE HONRA
Intercambio coa Banda de S. Martín de la Vega (Madrid)
VI Certame provincial de bandas de música, sección 2º:
1º PREMIO E MENCIÓN DE HONRA
PREMIO MANUEL QUIROGA AO MELLOR DIRECTOR
Certame zonal Tui de bandas de música, sección 3º:
1º PREMIO

IX Certame provincial de bandas de música, sección 2º:
3º PREMIO
Certame zonal Tui de bandas de música, sección 2º:
2º PREMIO

Xornadas musicais:
Composición e instrumentación: B. PICQUEUR
Clarinete: ESTEBAN VALVERDE
Informática musical: ÁNGEL A. MONTES

IV Certame galego de bandas de música, sección 2º:
4º PREMIO

XI Certame provincial de bandas de música, sección 2º
Xornadas sobre “El Sistema”:
JESÚS PÉREZ PERAZZO
Publicación do 2º CD: FORTALEZA
XI Certame provincial de bandas de música, sección 2º:
2º PREMIO
Concerto monográfico: OSCAR NAVARRO
Certame zonal Tui de bandas de música, sección 2º
Concerto con grupo de percusión: ODAIKO
12º Encontro Ibérico de Bandas (Aveiro-Portugal)
Concerto con voz solista e narradora:
SILVIA FERRE, BELÉN XESTAL e A. SUSAVILA
Concerto con VAHAMONDE, LAMAS & ROMERO

94
96
97
98
99
00
01
02
03
04
05
06
09
10
11
12
13
15
16

Os Nosos Premios

1º premio e mención de honra

IV Certame provincial de Bandas de Música

-2004-

1º premio e mención de honra

VI Certame provincial de Bandas de Música

-2006-

1º premio

Certame zonal de Bandas de Música Tui

-2009-

2º premio

XII Certame provincial de Bandas de Música

-2012-

2º premio

III Certame provincial de Bandas de Música

-2003-

2º premio

Certame zonal de Bandas de Música Tui

-2010-

3º premio

XIX Certame provincial de Bandas de Música

-2009-

4º premio

IV Certame galego de Bandas de Música

– 2010-

Premio Manuel Quiroga

 VI Certame provincial de Bandas de Música

-2006-

Mellor director: J. Carlos Díaz

Dirección

Pedro Villarroel González comeza os seus estudios musicais, no seo da banda de Musica de Candeán aos 9 anos de idade na especialidade de saxofón. Posteriormente ingresa no conservatorio de música de Vigo onde acada o título de grado profesional. Accedendo posteriormente os estudios de grado superior, no conservatorio superior de música de Vigo, que remata no ano 2015.

Na súa especialidade estuda con distintos mestres como, Juan Manuel Martinez Folgar, Julio Alvarez, Alejandro Cimadevila, Antonio Felipe Belijar, Fernando Ramos, Rodrigo Vila, David Alonso, etc.

Nestes anos realiza distintos concertos como solista pola Comunidade Autónoma, participando a súa vez no Ciclo de Xoves Intérpretes Teresa Berganza, Concurso de Xoves Interpretes de Vigo (acadando o 3º premio na especialidade de vento madeira no ano 2006).

A súa vez, forma parte de diversas agrupacións camerísticas, colaborando así mesmo con numerosas bandas da Comunidade Autónoma Galega e de Portugal como é o caso da Banda de Municipal de Ourense, Banda de Música de Ponte da Lima, Banda de Música de Monçao,Banda de Música de Pontevedra, omega big band… colabora coa Orquestra Clásica de Vigo, no ano 2011 actúa como membro activo nos concertos didácticos para escolares organizados por ABanca en toda a xeografia galega os que cada ano achegaban o espectaculo milleiros de rapaces e que tamen levouse a cabo en abril de 2014 en Tanger (Marruecos).

No terreo da dirección comeza a sua andaina levando a batuta da banda da escola de música de Candeán e de subdirector da banda de música de Candeán. Realizando cursos de especialización con mestres coma Javier Viceiro, Andres Valero Castells, Marcel, Van Bree o Jose Rafael Pascual Vilaplana. Con este último participa activamente no seminario galego permanente de dirección de banda.

Recentemente remata o 4º e ultimo nivel na Academia europea de direccion de banda en Portugal cos mestres Javier Viceiro, Andre Granjo, Jean Sebastian Bereau e Jan Cober, realizando o concerto final en Lisboa coa banda profesional da policia da segurança publica. Tamén foi invitado como director en distintas agrupación como a banda de música de Candeán, a Unión musical de Valladares,ou a banda de música de Pontevedra.

No 2012 colle a batuta da banda de música de Sanxenxo, coa que consegue o 3º premio no XIII certamen provincial de bandas de musica da Diputación de Pontevedra, cargo que deixa no 2015 para ser o director da escola e o director artistico da agrupación musical de Goian actividade que compaxina coa labor pedagóxica en diferentes escolas de música da provincia.

A directiva

Pilar Ramos Tamayo | PRESIDENTA

 Patricia Cuña Delgado | VICEPRESIDENTA – Cristina Costa Álvarez | SECRETARIA – Carlos González Benítez | TESOUREIRO

Alexandre Pérez Souto | VOGAL – Andrés Álvarez Gómez | VOGAL – Feliciano Fernández Ferreiro | VOGAL

1

Escola de música

160

Alumnxs

465

Actuacións

3500

Horas Académicas / Ano

X