PRESENTACIÓN DA WEB DA AMG

Vídeo promocional da web oficial da Agrupación Musical de Goián.

Despois de varios meses de traballo xa está online a nosa web: sinxela, elegante, accesible e completa con información sobre a banda e a escola de música, ademais dunha gran variedade de fotografías, videos e un blog.
Dende esta plataforma pódense consultar os próximos concertos e eventos da banda ou solicitar o ingreso na súa escola de música, tendo en conta que ofrecemos un mes de proba gratuíto.
Ademais, a través do menú “ASÓCIATE!”, podes facerte socia ou socio e apoiar esta actividade cultural. Só necesitas dous minutos para cubrir e enviar un pequeno formulario.
X