“PILAR RAMOS” novo nome do Auditorio de Goián

[BROMA PUBLICADA NO PRIMEIRO DE ABRIL]

A Agrupación Musical de Goián, a Comunidade de Montes de Goián e o Concello de Tomiño fan público este recoñecemento a actual presidenta da banda neste 1 de Abril.

Membros da directiva da banda xunto ao novo rótulo do auditorio

Fai dúas semanas reuníronse responsables das tres entidades, que tomaron a decisión como “recoñecemento a todos estes anos de dedicación e traballo” da actual presidenta.

Xa con anterioridade, o presidente fundador Aurelio Álvarez, deulle nome á sala de ensaio da Agrupación Musical de Goián. No caso de Pilar Ramos, consideramos que non era suficiente cunha simple sala e, por iso , dedicámoslle a construción enteira.

Os responsables da recente reforma, Cendón Vázquez arquitectos deseñaron o novo rótulo feito en aceiro corten que xa foi colocado por dous operarios do concello. Esta tarefa levoulles toda a semana, xa que o seu convenio obrígalles a facer unha pausa para o café despois da colocación de cada letra. De todos xeitos, o rótulo quedou chulísimo tal como se pode observar na fotografía.

O compositor goianés Andrés Álvarez xa está preparando unha muiñeira para celebrar este nomeamento. Será estreada na Semana Santa baixo o título “De pilares en ramos”. Ademais, o artista Magín Picallo, ten iniciada unha escultura dedicada a presidenta que se instalará na entrada do auditorio.

A protagonista, Pilar Ramos fixo as primeiras declaracións ante a prensa tirando de refraneiro popular: “No primeiro de abril van os burros onde non deben ir

Xa para rematar, queremos desexarlle a quen lea esta nova un moi FELIZ DÍA.



X