INSCRÍBETE NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA | CURSO 2019-2020

Na escola de música da Agrupación Musical de Goián temos aberto o prazo de inscrición para o curso académico 2019/2020.

As clases desenvólvense nas instalacións do Auditorio de Goián. O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo info@bandadegoian.gal, ou ben, chamando ao 626 799 623 ou o 639 629 684. As novas incorporacións teñen un mes de proba gratuíto.

A oferta educativa deste ano é ampla e adaptada a tódolas idades e necesidades, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias:

  • XARDÍN MUSICAL (3 anos)
  • MÚSICA E MOVEMENTO (5 a 7 anos)
  • LINGUAXE MUSICAL (de 1º a5º curso)
  • SOLFEXO PARA ADULTOS
  • VIOLONCELLO
  • PERCUSIÓN
  • VENTO MADEIRA: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
  • VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.
  • CLASES DE CORO

Ademais, contamos con grupos adaptados ás necesidades de cada alumno para ir progresando na súa formación: CONXUNTO INSTRUMENTAL e BANDA XUVENIL

Se che interesa, NON PERDAS RITMO E INSCRÍBETE!!



X