II Encontro Musical de Escolas de Bandas de Música

– 125 nenos e nenas das escolas de música de Candeán, Goián e Vincios conviven nun campamento musical en Mondariz
– O encontro rematará coa estrea mundial de “Escarlatina, a cociñeira defunta” de Andrés Álvarez

Máis de 120 alumnos das escolas de música das bandas de Candeán, Goián e Vincios disfrutan estes días en Mondariz do II Encontro Musical de Escolas de Bandas de Música.

Para este encontro, as tres escolas de música encargaron en exclusiva unha obra ao compositor galego Andrés Álvarez que escribiu Escarlatina, a cociñeira defunta. A peza está
inspirada no libro homónimo de Ledicia Costas, premiado co premio Merlín de literatura infantil en 2014 e o premio nacional de literatura infantil en 2015. Segundo o compositor, a obra ilustra as personaxes da historia a través dos diferentes instrumentos da banda, nunha composición cargada de ritmo, enerxía e nostalxia.

Durante os tres días de convivencia que os nenos disfrutarán en Mondariz, realizarán diversas actividades musicais e lúdicas e contarán cunha conferencia por parte do compositor Andrés Álvarez que lles falará do proceso de creación musical e tamen coa presencia e conversa de Ledicia Costas, autora do nomeado libro.

O encontro rematará cun concerto o venres 29 ás 20:00h no Campo da Feira de Covelo onde unha gran banda formada por tódolos alumnos participantes ofrecerá un concerto no que se estreará mundialmente Escarlatina, a cociñeira defunta.
A actividade está respaldada pola Deputación de Pontevedra e polo concello de Covelo.

 



X