Curso 2017 2018: Non perdas ritmo, INSCRÍBETE!!

Na escola de música da Agrupación Musical de Goián temos aberto o prazo de inscrición para o curso académico 2017/2018.

O venres 15 de setembro ás 19:30 h. haberá unha reunión no auditorio de Goián para informar sobre o novo curso.

As clases desenvolveranse no Auditorio de Goián recentemente reformado co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e reestruturación de espazos específicos. Comezarán a partir do vindeiro 18 de setembro.

O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo info@bandadegoian.gal, ou ben, chamando ao 626 799 623. O primeiro mes será gratuíto para as novas incorporacións.

A oferta educativa deste ano é ampla e adaptada a tódolas idades e necesidades, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias, concretamente:

  • XARDÍN MUSICAL
  • MÚSICA E MOVEMENTO
  • LINGUAXE MUSICAL
  • SOLFEXO PARA ADULTOS
  • VIOLONCELLO
  • PERCUSIÓN
  • VENTO MADEIRA: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
  • VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

Ademais, contamos con grupos adaptados ás necesidades de cada alumno para ir progresando na súa formación: BANDA INFANTIL e BANDA XUVENIL

Se che interesa, NON PERDAS RITMO E INSCRÍBETE!!



X