ZECA AFONSO: GRÂNDOLA VILA MORENA

Gran noite de música na Praza do Seixo a que vivimos o pasado 25 de agosto. Coa portuguesa Ana Laíns como protagonista e a Agrupación Musical de Goián acompañándoa ante centos de persoas.
Baixo a batuta de Pedro Villarroel e coa participación do público pechamos o acto cun emotivo “Grândola Vila Morena” de Zeca Afonso.
Este evento foi organizado pola Agrupación Musical de Goián e contou coa especial colaboración do Concello de Tomiño.

X