Unha noite de amor con Lela

No mes de agosto, ofrecemos na Praza do Seixo o concerto “Unha noite de amor con Lela”, xunto a Silvia Ferre (voz), Belén Xestal (narradora) e Alfredo Susavila (piano). A actuación formaba parte da programación de verán “O Son da Praza”, organizada pola Concellaría de Cultura.

Lela é un dos personaxes da obra de Alfonso D. Castelao “Os vellos non deben namorarse”; unha das obras máis populares do teatro galego.

A temática do concerto foi o amor nas súas diferentes persenzas e momentos. A través da narradora, introdúcense reflexións de caracter poético, e incluso irónico, que sirven para dar un fío argumental a través dos pensamentos, lembranzas e sentimentos de Lela.

Lela era unha moza atolada que enredaba con Don Saturio pero casou cun carabineiro para non vestir santos. Cando o seu esposo morre de tise, ela decide emigrar á Arxentina coa ilusión de atopar o verdadeiro amor.



X