O Certame do 1º Premio | AMG 2019

Resumimos neste vídeo de 4 minutos a nosa particular historia deste XIII Certame Galego de Bandas de Música. Foi un evento diferente… e non só polos premios. Todo comezou no Río Miño, a través dun pescador goianés, o Tío Cila, que o pintor Antonio Fernández retratou no seu cadro “Lobo de Río”. O noso compositor da casa, Andrés Álvarez, transformouno en música e a banda, dirixida polo mestre Pedro Villarroel, interpretouna a pefección ante o xurado.

Pasámolo xenial preparando este proxecto, desfrutamos no concerto, conseguimos o “1ª PREMIO” e a “MELLOR INTERPRETACIÓN DUNHA OBRA DE TEMÁTICA GALEGA” e fixemos unha festa tremenda despois.

A participación nun certame de bandas sempre é un reto importante para calquera agrupación. A súa preparación comeza meses antes e intensifícase nas semanas previas: decenas de ensaios xerais e parciais, clases cos profesores, concertos preparatorios, análise das gravacións, ensaio cos reforzos, etc.

FOI UN DÍA INESQUECIBLE PARA TODXS XS QUE PARTICIPAMOS NEL

X