Banda Xuvenil de Goián | Robert Smith: ENCANTO

O Venres 21 de xullo de 2017 celebramos o XXII ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA DE GOIÁN no que participamos tres grupos musicais da “Raia”. A primeira en actuar foi a Banda xuvenil de Goián que se estreou neste evento. A continuación participou unha banda portuguesa: a Sociedade Musical Banda Lanhelense, de Vila Nova de Cerveira, dirixida por César Núñez, exdirector da banda de Goián. Finalmente, pechou o acto a Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.
O encontro celebrouse nun dos escenarios que mellor simboliza a amizade entre ambos lados da Raia, o Espazo Fortaleza de Goián, co Río Miño e Vila Nova de Cerveira de fondo.
Neste vídeo, a Banda Xuvenil de Goián interpreta ENCANTO de Robert Smith.

X