A OUTRA MARGEM DO MIÑO | TOMIÑO 2017

Descrición

Gran noite de música na Praza do Seixo a que vivimos o pasado 25 de agosto. Coa portuguesa Ana Laíns como protagonista e a Agrupación Musical de Goián acompañándoa ante centos de persoas.

Na praza soaron temas como o “Uma casa portuguesa”, “Fado Amalia”, “Lela” e outros da discografía de Ana Laíns con arranxos de Andrés Álvarez como “Quatro Caminhos”. Baixo a batuta de Pedro Villarroel e coa participación do público pechamos o acto cun emotivo “Grândola Vila Morena” de Zeca Afonso.

Este evento foi organizado pola Agrupación Musical de Goián e contou coa especial colaboración do Concello de Tomiño.

Categoría
Fotos
Tags
Ana Laíns
X