06 Nov O CERTAME POR DENTRO | AMG 2018
Nosa participación no XII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA foi recompensado co PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN DUNHA OBRA DE TEMÁTICA GALEGA e cun 3º PREMIO.
Foron varios meses de traballo que resumimos no seguinte vídeo:
A participación nun certame de bandas sempre é un reto importante para calquera agrupación. A súa preparación comeza meses antes e intensifícase nas semanas previas: decenas de ensaios xerais e parciais, clases cos profesores, dous concertos preparatorios (en Bembrive e Goián), análise das gravacións, ensaio cos reforzos, etc. O mestre Pedro Villarroel dirixiu e coordinou todo este traballo sendo o principal responsable do éxito acadado.
Dende o primeiro certame no ano 2001 xa levamos participado en máis dunha ducia. Sen embargo, este foi diferente. Era a primeira vez que encargamos a obra libre para a ocasión e, ademais, a un compositor da casa: Andrés Álvarez. Noso compañeiro dirixiu varios ensaios e participou como trompetista no certame. Súa obra: “BELTANE”, supuxo unha motivación extra para todas nós.
Tamén debemos agradecer a todas as nais, pais e demais familia que viñan traer e levar aos músicos ensaiar día sí e día tamén, incluído algún domingo. Un esforzo que non sempre se valora pero que é imprescindible.
O sábado 3 de novembro saímos de Goián co maior dos premios, o de ser a única banda que iba participar cunha composición propia, coa satisfacción de ter realizado un gran traballo e de ter desfrutado con el. Foi tal a expectación xerada neste certame nos músicos e seu entorno que, por primeira vez, enchemos dous autobuses.
Non tódolos días se actúa no Auditorio de Galicia cheo de público. Esta foi a 2º ocasión na que o facíamos e boa parte dos compoñentes estreábanse nun certame.
O xurado recompensou o noso traballo con dous premios:
- Mellor interpretación de obra libre de temática galega
- Terceiro premio na sección terceira
Estes recoñecementos son motivos para seguir traballando, desfrutando coa música e repetir experiencia o próximo ano.
Sobre o escenario e baixo a batuta de Pedro Villarroel actuaron: Aarón, Adrián percusión, Adrián trompa, Adrián trompeta, Adriana, Alexandre, Alicia, Almudena, Ana, Andrés clarinete, Andrés trompeta, Antón, Aroa, Begoña, Carlos, Carlota, Chus, Cristina, David oboe, David bombardino, Débora, Desirée, Diego, Eresí, Fabián, Gonzalo, Iria clarinete, Iria trompa, Juanda, Juanjo, Laura, Lucía clarinete, Lucía saxofón, Marina, Marta, Mateo, Mauro, Miguel, Nadia, Nahom, Nicolás, Noelia, Oliver, Patri, Paula, Paulo, Rui, Sagrario, Sara e Sergio.