Escola de Música

CURSO 2021/2022. INSCRÍBETE!!

Escola

Na Agrupación Musical de Goián contamos cunha escola de música formada por unhas 150 alumnas e alumnos, así como banda infantil e banda xuvenil.

1º mes gratis

As nenas e nenos que o desexen poden entrar a formar parte da escola de música en calquera momento. Estas novas incorporacións terán o primeiro mes de proba gratuíto.

Auditorio

As clases desenvólvense no Auditorio de Goián recentemente reformado co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e reestruturación de espazos específicos.

Non perdas ritmo. INSCRÍBETE!!

Seccións

Xardín Musical
Mediante actividades e xogos, estimulamos e motivamos ás nenas e nenos de 3 ou 4 anos para que sexan os protagonistas da súa primeira etapa musical.
Música e Movemento
Con xogos e dinámicas variadas, os nenos de 4 a 7 anos, aprenderán os nomes das notas musicais, o sentido do ritmo, os instrumentos... cunha metodoloxía lúdica e socializadora, favorecendo a creatividade e a expresión das emocións.
Linguaxe Musical
A partir dos seis anos e durante varios cursos ofrecemos clases de solfexo enfocadas á formación de músicxs para que poidan chegar a tocar algún instrumento.
Música para Adultos
Nunca é tarde para aprender música. Dividimos as clases en dúas partes: estudamos solfexo utilizando divertidas metodoloxías e tocamos en conxunto.
Corda
Na escola de música podes aprender a tocar o violoncello.
Percusión
Tamén podes escoller a percusión e desfrutar de gran variedade de instrumentos: caixa, bombo, batería, platillos, xilófono, timbais, pandeireta...
Vento Madeira
Se o prefires tamén ofrecemos clases de oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot.
Vento Metal
Ademáis, ofrecemos formación en trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.
Banda infantil
Cando empeces a dar os primeiros pasos poderás formar parte da nosa banda infantil (ou non tan infantil) como paso previo á banda xuvenil.

Banda Xuvenil

A banda xuvenil da escola de música da agrupación musical de Goián formouse no ano 2009 baixo a batuta do compañeiro Andrés Álvarez. Ten unha función pedagóxica como paso previo a formar parte da agrupación musical, participando en diversos concertos polo concello de Tomiño, Baiona… e tamén no festival de bandas xuvenís que se realiza en Goián dende o ano 2015.

A Banda xuvenil está formada por 35 músicos de idades moi novas, que comparten nos inicios da súa vida artística o seu amor pola música da mellor forma, que é tocando en grupo e poñendo en práctica todos os coñecementos que semanalmente adquiren na escola da agrupación musical de Goián das mans do seu profesorado.

No ano 2015 colleu a batuta desta formación o mestre  Pedro Villarroel, director titular da agrupación musical e da escola de música.

X