A nosa orixe remóntase ao ano 1994 cando comeza a impartirse solfexo no colexio de Goián como actividade extraescolar. Tralo seu éxito, dous anos máis tarde mércanse os primeiros instrumentos.
Xa en 1998 presentábase oficialmente na Praza da Igrexa a Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez e presidida por Aurelio Álvarez. Acompañáronnos como madriñas a Agrupación Musical do Rosal e a Banda de Música Xuvenil de Chapela.
Xa dende os primeiros anos temos vivido grandes experiencias, entre elas tres intercambios musicais coas bandas valencianas de Foios e a de Rafelbunyol e coa madrileña de San Martín de la Vega. Tamén participamos en festivais internacionais nas cidades portuguesas de Tomar e Aveiro.
Ao longo da nosa historia temos actuado en actos culturais e festas populares por toda a xeografía galega, Portugal, Madrid e Valencia. Tamén participamos dúas veces no programa “Galicia enteira” da TVG e en varios certames de bandas de música a nivel galego, provincial e zonal nos que conseguimos varios premios.
Ademais, gravamos dous CDs, o segundo titulado “Fortaleza”, nome da súa primeira peza que foi composta polo compañeiro goianés Andrés Álvarez.
Por outra parte, organizamos cursos e concertos con grandes profesionais, con corais e acompañando a voces solistas como Silvia Ferre ou as artistas locais Angelina Álvarez e Davinia Álvarez.
Dende o ano 2015 faise cargo da agrupación o actual director Pedro Villarroel González. Con este mestre participamos no 12º Encontro Ibérico de Bandas de Música celebrado en Aveiro (Portugal). Entre outros concertos, podemos destacar o realizados cos grupos ODAIKO ou PELEPAU, ou acompañando a artistas como Silvia Ferre, Ana Laíns ou Rosa Cedrón.
No 2018 nomeamos a Tinita Ozores Socia de Honor polo seu compromiso coa banda dende a súa fundación.
Actualmente, na Agrupación Musical de Goián contamos cunha escola de música formada por uns 130 alumnos, así como banda infantil e banda xuvenil.
Compra dos primeiros instrumentos
Constitución da Asociación Sociocultural de Goián
1º Encontro de Bandas de Goián
1º Concerto da Banda
IV Certame galego de bandas de música, sección 2º:
4º PREMIO
Concerto con ANA LAÍNS EN TOMIÑO
Socia de Honor: TINITA OZORES
Homenaxe a Los Tamara con R. CEDRÓN, P. LODEIRO E M. LADRÓN DE GUEVARA
XII Certame Galego de Bandas de música
MELLOR INTERPRETACIÓN DE OBRA DE TEMÁTICA GALEGA
3º PREMIO
Pelepau sinfónico
XIII Certame Galego de Bandas de música
MELLOR INTERPRETACIÓN DE OBRA DE TEMÁTICA GALEGA
1º PREMIO
XIII Certame galego de Bandas de Música
-2019-
IV Certame provincial de Bandas de Música
-2004-
VI Certame provincial de Bandas de Música
-2006-
Certame zonal de Bandas de Música Tui
-2009-
XII Certame provincial de Bandas de Música
-2012-
III Certame provincial de Bandas de Música
-2003-
Certame zonal de Bandas de Música Tui
-2010-
XII Certame galego de Bandas de Música
-2018-
IX Certame provincial de Bandas de Música
-2009-
IV Certame galego de Bandas de Música
– 2010-
XIII Certame galego de Bandas de Música
-2019-
“LOBO DE RÍO” de Andrés Álvarez
XII Certame galego de Bandas de Música
-2018-
“BELTANE” de Andrés Álvarez
VI Certame provincial de Bandas de Música
-2006-
Mellor director: J. Carlos Díaz
Pedro Villarroel González comeza os seus estudios musicais, no seo da banda de Musica de Candeán aos 9 anos de idade na especialidade de saxofón. Posteriormente ingresa no conservatorio de música de Vigo onde acada o título de grado profesional. Accedendo posteriormente os estudios de grado superior, no conservatorio superior de música de Vigo, que remata no ano 2015.
Na súa especialidade estuda con distintos mestres como, Juan Manuel Martinez Folgar, Julio Alvarez, Alejandro Cimadevila, Antonio Felipe Belijar, Fernando Ramos, Rodrigo Vila, David Alonso, etc.
Nestes anos realiza distintos concertos como solista pola Comunidade Autónoma, participando a súa vez no Ciclo de Xoves Intérpretes Teresa Berganza, Concurso de Xoves Interpretes de Vigo (acadando o 3º premio na especialidade de vento madeira no ano 2006).
A súa vez, forma parte de diversas agrupacións camerísticas, colaborando así mesmo con numerosas bandas da Comunidade Autónoma Galega e de Portugal como é o caso da Banda de Municipal de Ourense, Banda de Música de Ponte da Lima, Banda de Música de Monçao,Banda de Música de Pontevedra, omega big band… colabora coa Orquestra Clásica de Vigo, no ano 2011 actúa como membro activo nos concertos didácticos para escolares organizados por ABanca en toda a xeografia galega os que cada ano achegaban o espectaculo milleiros de rapaces e que tamen levouse a cabo en abril de 2014 en Tanger (Marruecos).
No terreo da dirección comeza a sua andaina levando a batuta da banda da escola de música de Candeán e de subdirector da banda de música de Candeán. Realizando cursos de especialización con mestres coma Javier Viceiro, Andres Valero Castells, Marcel, Van Bree o Jose Rafael Pascual Vilaplana. Con este último participa activamente no seminario galego permanente de dirección de banda.
Recentemente remata o 4º e ultimo nivel na Academia europea de direccion de banda en Portugal cos mestres Javier Viceiro, Andre Granjo, Jean Sebastian Bereau e Jan Cober, realizando o concerto final en Lisboa coa banda profesional da policia da segurança publica. Tamén foi invitado como director en distintas agrupación como a banda de música de Candeán, a Unión musical de Valladares,ou a banda de música de Pontevedra.
No 2012 colle a batuta da banda de música de Sanxenxo, coa que consegue o 3º premio no XIII certamen provincial de bandas de musica da Diputación de Pontevedra, cargo que deixa no 2015 para ser o director da escola e o director artistico da agrupación musical de Goian actividade que compaxina coa labor pedagóxica en diferentes escolas de música da provincia.
Pilar Ramos Tamayo | PRESIDENTA
Patricia Cuña Delgado | VICEPRESIDENTA – Cristina Costa Álvarez | SECRETARIA – Carlos González Benítez | TESOUREIRO
Alexandre Pérez Souto | VOGAL – Andrés Álvarez Gómez | VOGAL – Débora Paredes Rivas | VOGAL
Escola de música
Alumnxs
Actuacións
Horas Académicas / Ano