Inscríbete no curso 2016/2017 da nosa Escola de Música

Na escola de música da Agrupación Musical de Goián temos aberto o prazo de inscrición no curso académico 2016/2017.

As clases desenvolveranse no Auditorio de Goián recentemente reformado co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e reestruturación de espazos específicos.

O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo info@bandadegoian.gal, ou ben, chamando ao 626 799 623. O primeiro mes será gratuíto para as novas incorporacións.

A oferta educativa deste ano, coma  xa vén sendo habitual, é ampla, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias, concretamente:

  • XARDÍN MUSICAL
  • MÚSICA E MOVEMENTO
  • LINGUAXE MUSICAL
  • SOLFEXO PARA ADULTOS
  • VIOLONCELLO
  • PERCUSIÓN
  • VENTO MADEIRA: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
  • VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

Ademais, conta con varios grupos adaptados ás necesidades e as preferencias de cada alumno:

  • BANDA INFANTIL
  • BANDA XUVENIL
  • CORO

Se che interesa, non o dubides e ven a disfrutar da música con nós!



X